Valorización da administración

Formulario de busca

Axenda dixital

Formulario de busca

icono roda

Da modernización da administración xudicial á e-xustiza

Contribuír a xerar unha xustiza transparente e próxima ao cidadán utilizando as TIC, para facilitar o acceso e a relación coa cidadanía e empresas e mellorar a cooperación entre os propios órganos xudiciais e cos operadores xurídicos.

Tras acadar unha mellora significativa no tocante ás infraestruturas, os medios e o equipamento tecnolóxico no eido xudicial coas medidas do Plan Senda 2014, Galicia conta agora cos instrumentos necesarios para abordar novos obxectivos a través do Plan Senda 2020. Así, aproveitarase a oportunidade de empregar as TIC para responder á demanda dunha xustiza en rede, accesible e interoperable impulsando actuacións en torno aos seguintes ámbitos:

  Reforzar a accesibilidade da xustiza simplificando a tramitación e mellorando os procesos de relación a través da implantación do Expediente Xudicial Electrónico

  Mellorar a coordinación e comunicación entre os diferentes axentes facilitando a integración dos sistemas e garantindo a interoperabilidade tanto a nivel autonómico como estatal

  Incrementar a transparencia e apertura do servizo prestado á cidadanía e aos colectivos profesionais a través da Xustiza aberta

 

 

Descargar documento:

Plan Senda 2014

Plan Senda 2020