Da modernización á transformación dixital do sector primario
Da modernización á transformación dixital do sector primarioMellorar a calidade de vida no medio rural apostando pola aplicación das TIC para aumentar a produtividade e competitividade do sector primario. |
|
Impulsarase a mellora da calidade de vida nas zonas rurais, permitindo a través das TIC, que as zonas rurais se integren e participen plenamente nunha economía europea baseada no coñecemento e garantindo as singularidades ambientais e paisaxísticas do territorio galego. Neste senso, as accións centraranse en: Aumentar a competitividade do sector primario a través de solucións intelixentes para a mellora dos procesos de xestión e produción Converter a calidade e seguridade alimentaria nun elemento de marca do sector primario galego, utilizando tecnoloxías innovadoras para garantir o control dos produtos Impulsar a xestión sostible e responsable das actividades do sector primario a través das TIC |