Da e-saúde á sanidade dixital integral

Da e-saúde á sanidade dixital integral

Incrementar a calidade e seguridade da sanidade estendendo a e-Saúde para favorecer a integración coa contorna sociosanitaria e o fogar do paciente, responder ás necesidades do envellecemento activo e saudable e á mobilidade dos pacientes e profesionais sociosanitarios.

Promoverase o establecemento de vínculos de colaboración entre os axentes implicados a nivel europeo na posta en marcha e dinamización de proxectos de innovación no ámbito da saúde. Para iso, impulsaranse actuacións en tres ámbitos:

  Mellorar a calidade de vida da cidadanía permitindo un envellecemento activo e saudable mediante a implantación de sistemas de información intelixentes

  Aumentar a calidade e a seguridade na asistencia sanitaria a través de novas solucións dixitais que permitan avanzar nunha mellor xestión da actividade das urxencias sanitarias e aumentar a trazabilidade dos pacientes e profesionais

  Optimizar a eficacia das prestacións sanitarias e a satisfacción dos usuarios a través da mellora da interoperabilidade e integración sanitaria

 

esaude.sergas.es

 

Descargar documento:

Plans de Innovación SERGAS Hospital 2050 e Innova Saúde