Da aula dixital á educación dixital

Da aula dixital á educación dixital

Impulsar dun xeito sostible o proxecto de transformación do sistema educativo galego.

Darase continuidade á estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa (proxecto ABALAR), posta en marcha dende o ano 2010, como medio para a transformación do sistema educativo galego coa implicación de toda a comunidade educativa. Para iso, traballarase nos métodos pedagóxicos, a mellora das capacidades do profesorado e a implicación do ecosistema educativo a través das seguintes ámbitos de actuación:

  Personalizar o ensino para atender á diversidade do alumnado e ás necesidades educativas especiais, dotando de medios tecnolóxicos e desenvolvendo contidos educativos dixitais baseados en tecnoloxías e métodos didácticos innovadores

  Reforzar a capacitación do profesorado, favorecendo o desenvolvemento das súas competencias TIC e potenciando o seu papel na produción de contidos e materiais curriculares

  Implicar ao ecosistema educativo en particular e á sociedade en xeral na tarefa de educar

 

Abalar

 

Descargar documento:

Programa Abalar