Da asistencia social ao benestar a través das TIC

Da asistencia social ao benestar a través das TIC

Garantir un maior benestar, calidade de vida e cohesión social a través da aplicación das TIC para a eficiencia e a eficacia dos sistemas de asistencia social e dar resposta á atención personalizada dos diferentes colectivos.

Garantirase a calidade de vida das persoas aplicando as TIC para mellorar a eficacia e a eficiencia dos servizos públicos e deseñaranse servizos que ofrezan solucións adaptadas a colectivos con necesidades específicas. Para logralo, a intervención centrarase nos seguintes ámbitos de actuación:

  Mellorar a atención aos usuarios e aumentar as capacidades asistenciais a través de servizos de interoperabilidade, integración sociosanitaria e interadministrativa

  Avanzar na atención personalizada e o deseño de servizos centrados nas necesidades específicas dos diferentes colectivos a través das TIC

Descargar documento:

Plan Trabe: Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais