Da administración electrónica á administración dixital

Da administración electrónica á administración dixital

icono roda

Da administración electrónica á administración dixital

Transformar a actividade da administración rexional para aumentar a súa eficacia e eficiencia e prestar máis e mellores servizos dixitais que respondan ás diferentes necesidades e expectativas dos usuarios.

O Plan de Administración e Goberno dixitais con horizonte 2020, consolidará as medidas emprendidas dende o 2010 para que, facendo un uso innovador da tecnoloxía, a Administración galega sexa capaz de reforzar e potenciar o modelo de funcionamento e prestación de servizos públicos. Para iso, articulará as actuacións en tres ámbitos orientados a:

 Mellorar a proximidade, eficiencia e axilidade na prestación de servizos públicos afondando na madurez do uso dos medios electrónicos

 Responder aos requirimentos da sociedade de xeito máis eficaz mediante sistemas de información global que permitan a prestación de servizos personalizados

 Facilitar e acelerar a adaptación á Administración dixital de Galicia

Descargar o documento: