Chave 365

Chave 365

Chave365

Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Para empregar Chave365, os cidadáns teñen que darse antes de alta. Poden facelo por dúas vías:

- De maneira electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesita ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou o DNI electrónico.

- De maneira presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365. Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI ou TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Consulte a relación de órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365 aquí.

Máis información

Na sección de Chave365 no portal institucional da Xunta de Galicia dispón de máis información sobre este servizo. Pode informarse sobre como funciona e resolver as súas dúbidas consultando as preguntas frecuentes.