Axenda dixital

Formulario de busca

Axenda dixital

Formulario de busca

Axenda Dixital de Galicia 2020

 Axenda Dixital de Galicia 2020 é unha estratexia coordinada e aliñada coas estratexias de ámbito nacional e europeo no que a uso das TIC se refire, que ven reforzar e reafirmar a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, introducindo aqueles elementos que permitirán maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas, como un factor imprescindible e clave para acadar os obxectivos de crecemento económico- social que se marca Galicia para o futuro.

Así, a Axenda Dixital de Galicia 2020 está orientada a converter o escenario dixital que nos rodea, no motor dunha sociedade mellor, apostando por un modelo de crecemento vinculado á economía dixital, solidaria e inclusiva, e á transparencia e participación cidadá.

É misión da Axenda Dixital de Galicia 2020 asegurar que a transformación requirida se poida levar a cabo de xeito intelixente, sostible e integrador e por tanto, contribúa á resolución dos desafíos aos que se enfronta Galicia en todas as áreas de desenvolvemento da Comunidade (sociais, económicos e medioambientais).

Un modelo participativo

A estratexia tecnolóxica galega contou para a súa elaboración coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade, do sector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.

modelo participativo

Un proceso de elaboración a través dun modelo participativo, cuxo espírito queda reflectido no propio título: a Axenda Dixital de Galicia.