Articulación Dixital do Territorio

Articulación Dixital do Territorio

Articulación Dixital do Territorio

Esta liña ten por obxectivo favorecer non só a conectividade TIC necesaria para garantir a vertebración dixital do territorio de xeito seguro e sostible senón tamén, para coñecer información que permita, en caso de ser necesario, actuar de xeito intelixente.

Deste xeito, impulsarase o emprego de novas solucións dixitais para incrementar a capacidade de resposta dos servizos de detección, prevención e xestión de riscos, catástrofes ou emerxencias. A posta en marcha neste ano 2015 da rede de emerxencia única de Galicia será o primeiro gran fito neste ámbito, permitindo a comunicación segura entre os distintos servizos que interveñen en caso de emerxencia.

Promoverase o despregamento de redes de telecomunicacións ultrarrápidas ao servizo do desenvolvemento dixital da Comunidade, capaces de adaptarse aos novos modelos de uso e garantir o acceso e o emprego de novos e cada vez máis sofisticados servizos dixitais. En concreto, un novo Plan porase en marcha co obxectivo de universalizar a cobertura de 30 Mbps así como de incrementar a adopción das redes ultrarrápidas entre a cidadanía e as empresas.

E ademais, buscarase reforzar un clima de confianza dixital que contribúa ao desenvolvemento dunha sociedade dixital, reforzando as capacidades da Administración, do sector empresarial e da propia cidadanía para o uso seguro das redes e dos sistemas de información. A este respecto, unha das actuacións previstas será a definición do Plan Director de Seguridade da Información do sector público 2015- 2017.