Organización

Formulario de busca

AMTEGA

Formulario de busca

icono amtega

Anuncios

Resolución do 2 de marzo de 2015, do Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a do Área de Sociedade Dixital) convocado pola Resolución do 15 de septembro de 2014 (DOG núm. 189 del 3 de outubro de 2014)

Na sesión que tivo lugar o día 2 de marzo de 2015, o Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, trala defensa do plan de actuación pola aspirante, e tendo en conta o establecido na base 7.3,

ACORDOU:

Primeiro.- Publicar na páxina web e no taboleiro de anuncios da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia a cualificación obtida, pola aspirante admitida, na 3ª fase do procedemento selectivo: defensa do plan de actuación. Puntuación que se recolle no Anexo da presente Resolución.

Segundo.- Publicar na páxina web e no taboleiro de anuncios da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia a cualificación final, obtida pola aspirante no proceso selectivo, con indicación da candidata seleccionada, que se recolle no Anexo da presente Resolución.

Terceiro.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentar as alegacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

A presidenta do Tribunal

Cristina Sanmartín Vázquez

ANEXO

PUNTUACIÓN DA 3ª FASE, CUALIFICACIÓN FINAL E CANDIDATA SELECCIONADA

Ano da convocatoria: 2014

Nome da convocatoria: Director/a de Área de Sociedade Dixital

Publicación da convocatoria:Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2014 (núm. 189)

Data do listado: 2 de marzo de 2015

PUNTUACIÓN DA 3ª FASE

 

CUALIFICACIÓN FINAL

 

CANDIDATA SELECCIONADA

 

 

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución do 27 de febreiro de 2015, do Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital) convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG núm. 189 do 3 de outubro de 2014)

O Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, de conformidade ao establecido na base 7.2.4 e 7.3. e ao non presentarse reclamacións

ACORDOU:

Primeiro.- Elevar a definitiva a relación coa puntuación obtida, pola aspirante admitida, na 2ª fase do procedemento selectivo, contida no Anexo da presente Resolución.

Segundo.- Realizar os trámites oportunos para a publicación da puntuación obtida pola aspirante no taboleiro de anuncios e na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (amtega.xunta.es).

Terceiro.- Iniciar a 3ª fase e convocar á aspirante María Belén Ferreiro Esteban á defensa do seu plan de actuación, o día 2 de marzo de 2015, ás 9:30 horas, na sala de reunións da Amtega.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

A presidenta do Tribunal

Cristina Sanmartín Vázquez

ANEXO I

PUNTUACIÓN PROVISIONAL DA 2ª FASE

Ano da convocatoria: 2014

Nome da convocatoria: Director/a de Área de Sociedade Dixital

Publicación da convocatoria:Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2014 (núm. 189)

Data do listado: 27 de febreiro de 2015

 

-----------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución do 23 de febreiro de 2015, do Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital) convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG núm. 189 do 3 de outubro de 2014)

Na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2015, o Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, trala valoración do plan de actuación, e tendo en conta que, segundo o establecido na base 7.2.1. a puntuación máxima nesta segunda fase é de 40 puntos e será necesaria a obtención dun mínimo de 25 puntos para superala,

ACORDOU:

Primeiro.- Publicar na páxina web da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia a relación provisional coa puntuación obtida, pola aspirante admitida, na 2ª fase do procedemento selectivo, puntuación que se recolle no Anexo da presente Resolución.

Segundo.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2015

A presidenta do Tribunal

Cristina Sanmartín Vázquez

 ANEXO I

PUNTUACIÓN PROVISIONAL DA 2ª FASE

Ano da convocatoria: 2014

Nome da convocatoria: Director/a de Área de Sociedade Dixital

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2014 (núm. 189)

Data do listado: 23 de febreiro de 2015

 

 -----------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución do 23 de febreiro de 2015, do Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital) convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG núm. 189 do 3 de outubro de 2014)

O Tribunal nomeado pola Resolución do 14 de xaneiro de 2015, pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e se procede ao nomeamento dos seus membros, de conformidade co disposto na base 7.1., e ao non presentarse reclamacións,

ACORDOU:

Primeiro.- Elevar a definitiva a relación coa puntuación obtida, pola aspirante admitida, na 1ª fase do procedemento selectivo, contida no Anexo da presente Resolución.

Segundo.- Realizar os trámites oportunos para a publicación da puntuación obtida pola aspirante no taboleiro de anuncios e na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (amtega.xunta.es).

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación na páxina web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2015

A presidenta do Tribunal

Cristina Sanmartín Vázquez

ANEXO I

PUNTUACIÓN DEFINITIVA DA 1ª FASE

Ano da convocatoria: 2014

Nome da convocatoria: Director/a de Área de Sociedade Dixital

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2014 (núm. 189)

Data do listado: 23 de febreiro de 2015

 

---------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución do 16 de febreiro de 2015, do Tribunal de selección nomeado para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital) convocado pola Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG núm. 189 do 3 de outubro de 2014)

Na sesión que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2015, o Tribunal nomeado pola Resolución do 14 de xaneiro de 2015, pola que se establece a composición do Tribunal de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e se procede ao nomeamento dos seus membros, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e tendo en conta que, segundo o establecido na base 7.1., será necesaria a obtención dun mínimo de 15 puntos para superar a primeira fase,

ACORDOU:

Primeiro.- Publicar a relación provisional coa puntuación obtida, pola aspirante admitida, na 1ª fase do procedemento selectivo, na web da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, contida no Anexo da presente Resolución.

Segundo.- De acordo co disposto na convocatoria, as persoas interesadas disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar reclamacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

A presidenta do Tribunal

Cristina Sanmartín Vázquez

ANEXO I

PUNTUACIÓN PROVISIONAL DA 1ª FASE

Ano da convocatoria: 2014

Nome da convocatoria: Director/a de Área de Sociedade Dixital

Publicación da convocatoria: Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro de 2014 (núm. 189)

Data do listado: 16 de febreiro de 2015

APELIDOS

NOME 

NIF

PUNTUACIÓN

Ferreiro Esteban

María Belén

34983800H

7.1 Méritos: 50 puntos

7.1.1. Formación: 0 puntos

7.1.2 Experiencia: 16 puntos

TOTAL 1ª FASE: 16 puntos

 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución de 14 de xaneiro de 2015 pola que se establece a composición do Tribunal de Selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital) e se procede ao nomeamento dos seus membros.

 
En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 6 das bases da convocatoria publicada por Resolución de 15 de setembro de 2014 (DOG número 189, de 3 de outubro), esta Dirección


RESOLVE:

Establecer a composición do citado Tribunal de Selección e nomear aos seus membros, de acordo co que se dispón a continuación:

Presidenta: Cristina Sanmartín Vázquez
Secretario: Jesús Castro Barreiro
Vogal: María José Montero Furelos
Vogal: Juan Manuel Gómez Duaso
Vogal: Javier Franco Tubío


Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

A directora da AMTEGA

Mar Pereira Álvarez

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución de 14 de xaneiro de 2015 pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)


En virtude do Decreto 252/2011, de 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria publicada por Resolución de 15 de setembro de 2014 (DOG número 189, de 3 de outubro), esta Dirección

RESOLVE:
Aprobar a relación definitiva de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo.

Esta resolución publicarase na web da Amtega: http://amtega.xunta.es e no taboleiro de anuncios do organismo.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderse interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación, conforme aos artigos 8, 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015
A Directora da Amtega

Mar Pereira Álvarez

ANEXO
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

SOLICITANTE

NIF

ESTADO

FERREIRO ESTEBAN, MARÍA BELÉN

34983800H

ADMITIDA

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Resolución do 18 de decembro de 2014 pola que se aproba e publica a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital)

En virtude do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e de acordo co establecido no punto 5 das bases da convocatoria publicada por Resolución do 15 de setembro de 2014 (DOG número 189, do 3 de outubro), a Dirección da Amtega resolveu, o 18 do decembro de 2014, aprobar e publicar a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (Director/a de Área de Sociedade Dixital).

“Aprobar a relación provisional de admitidos e excluídos para a cobertura do posto de Director/a de Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, segundo a relación que figura no Anexo.”

Así mesmo acordou a publicación na web da Amtega e no taboleiro de anuncios do organismo, e establecer un prazo para presentar reclamacións de tres días hábiles.

As reclamacións presentaranse no Rexistro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (edificio CINC, 2º andar- Cidade da Cultura de Galicia) o unas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administración públicas e procedemento administrativo común. Neste caso deberán remitirse por fax ao seguinte número: 981545272, e antes da finalización do prazo de presentación de reclamacións, copia da reclamación rexistrada.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución na que figure a listaxe definitiva  de persoas admitidas e excluídas.

ANEXO

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

SOLICITANTE

NIF

ESTADO

FERREIRO ESTEBAN, MARÍA BELÉN

34983800H

ADMITIDA