Axenda dixital de Galicia

Formulario de busca

Axenda dixital

Formulario de busca

Mirando ao futuro: 20 desafíos para 2020

Tomando como base os logros acadados no ámbito tecnolóxico en Galicia nos últimos anos, e as novas tendencias económico, sociais e tecnolóxicas, a Axenda Dixital de Galicia 2020 establece 20 desafíos articulados en torno a cinco liñas estratéxicas que constrúen a VEREA na que avanzar:

 

 

  • Valorización da Administración, avanzando cara a unha Administración dixital innovadora que aprende e se conecta á realidade da sociedade para responder e adiantarse ás necesidades e expectativas da cidadanía e as empresas.

 

 

  • Énfase na Vida Dixital, aproveitando o potencial das TIC para converter a Galicia nun lugar de progreso social avanzado e onde as persoas poidan levar unha vida autónoma e participar activamente na sociedade.

 

 

  • Aceleración da Economía Dixital, promovendo o liderado de empresas que a través da incorporación das TIC, tanto nos procesos internos como de negocio, garantan a creación e absorción de talento e innovación para xerar novas oportunidades e promover así a atracción e o crecemento económico na Comunidade.

 

  • Estímulo ao Crecemento do Sector TIC, Impulsando a innovación tecnolóxica, competitividade e xeración de emprego no ecosistema dixital que contribúan a posicionar ao sector tecnolóxico coma un dos sectores de referencia de Galicia.

 

  • Articulación Dixital do Territorio, favorecendo non só a conectividade TIC necesaria para garantir a vertebración dixital do territorio de xeito seguro e sostible, senón tamén para coñecer información que permita, en caso de ser necesario, actuar de xeito intelixente.